Florderrei Vello, Arzádegos,Viladervós
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Florderrei Vello é unha aldea da parroquia de Arzádegos, no concello de Vilardevós. Tamén é coñecido como Florderrei de Portas Abertas, e non debe confundirse coa aldea veciña de Florderrei no concello veciño de Riós.
Como en todo o concello o seu clima é oceánico de montaña, aínda que con algún matiz mediterráneo. Nembargantes parece que Florderrei dispón dun microclima que provoca que durante o período de setembro se produza un estrano fenómeno: miles de formigas voadoras acoden a morrer na capela da Virxe das Portas Abertas no punto máis alto da aldea, que se atopa construida sobre un antigo castro.
[editar] Ligazóns externas
Fotos de Florderrei: http://www.pueblos-espana.org/galicia/orense/florderrei/