See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Flamingo - Wikipedia

Flamingo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O nome flamingo aplícase a varias especies de aves gregarias que forman por elas mesmas a orde das Phoenicopteriformes, familia Phoenicopteridae. Viven nos hemisferios oeste e leste, sendo máis numerosas neste último: das seis (segundo algúns ornitólogos cinco) especies da familia catro son americanas. A cor máis ou menos rosada da plumaxe e o peteiro e a lingua altamente especializados son características distintivas de tódalas especies da familia. A beira do bico ten unha estrutura de láminas que forman coa lingua un aparato de filtrado que lles serve para atrapar o planctón que nada na auga.

Índice

[editar] Sistematica

[editar] Especies

Especies distribución xeográfica
Flamingo rosa ou grande (P. roseus) partes de África, S. de Europa e S. e SO. de Asia (A especie máis espallada).
Flamingo menor (P. minor) De África o NO da India (o máis númeroso).
Flamingo de Chile (P. chilensis) Áreas temperadas do sur de Sudamérica.
Flamingo de James (P. jamesi) Altos Andes en Peru, Chile, Bolivia, Ecuador e Argentina.
Flamingo dos Andes (P. andinus) Zonas altas dos Andes en Peru, Chile, Bolivia e Argentina.
Flamingo do Caribe (P. ruber) Illas do caribe e illas Galápagos.

[editar] Evolución

Flamingos menores no crater do Ngorongoro,  Tanzania
Flamingos menores no crater do Ngorongoro, Tanzania
Flamingos dos  Andes na Laguna Colorada, Bolivia.
Flamingos dos Andes na Laguna Colorada, Bolivia.

A familia, xa extinta, dos Palaelodidae formada por unha especie de flamingos nadadores, considerouse a orixe dos actuais flamingos, teoría hoxe rexeitada, pola presenza dun fosil do xénero Elornis, que sería xa a mostra da existencia de flamingos auténticos (Phoenicopteridae), e que se remontaría ó Eoceno tardío, sendo anterior as mostras recollidas da familia Palaelodidae. Hai unha grande variedade de especies fósiles do Cretácico e posteriores que se consideran en ocasións antecedentes dos flamingos:Torotix, Parascaniornis, Scaniornis, Gallornis, Agnopterus, Tiliornis, Juncitarsus e Kashinia; sendo ous dous últimos os únicos que parecen ter unha relación clara coas especies actuais de flamingo. Hai abundantes rexistros fósiles do xénero Phoenicopterus. A sístemática prehístoríca do xénero, segundo os fósiles coñecidos, sería:

  • Descoñecido
    • Phoeniconotius (Etadunna Oligoceno/Mioceno Lago Pitikanta, Australia)
  • Palaelodidae
    • Adelalopus (Oligoceno en Hoogbutsel, Bélxica)
    • Palaelodus ( Oligoceno medio -? Pleistoceno medio)
    • Megapaloelodus Oligoceno - Plioceno)
  • Phoenicopteridae
    • Elornis (Eoceno medio - Oligoceno) - inclúe Actiornis
    • Phoenicopteridae gen. et sp. indet. (Camacho Mioceno?, de San José, Uruguay)
    • Especies prehistóricas species de Phoenicopterus:
      • Phoenicopterus croizeti (Oligoceno medio - Mioceno medio, de Centroeuropa)
      • Phoenicopterus floridanus (Plioceno de Florida)
      • Phoenicopterus stocki (Plioceno medio, de Rincón, Mexico)
      • Phoenicopterus copei (Pleistoceno, do O. de Noreamérica Mexico central)
      • Phoenicopterus minutus (Pleistoceno de California)
      • Phoenicopterus aethiopicus

[editar] Relacións con outras aves

Tradicionalmente considerouse ós flamencos coma próximos as Ciconiformes, orde na que chegaron a ser incluídos. Os ibis eran considerados os seus parentes máis próximos. Tampouco se exclúe a súa relación coas Anseriformes, sobre todo a causa de que comparten un parásito común, o piollo das plumas, do xénero Anaticola (Johnson et al. 2006). outros científicos colocaron ós flamingos dentro da orde das Caradriformes, considerándoos máis próximos a familia Recurvirostridae.

Os estudios moleculares e anatómicos realizados nos últimos anos deron resultados confusos: Sibley & Monroe colocaronos dentro dunha orde expandida das Ciconiformes. Por outo lado a hipotese sostida dende hai anos por outros investigadores, que situa os flamingos máis preto dos mergulladores (Podicipedidae), cá de calquera outro tipo de aves é obxecto de interese renovado.

[editar] Fisioloxía

Flamingos menores voando
Flamingos menores voando

[editar] Dieta

Os flamingos aliméntanse filtrando a auga. Os seus peteiros están adaptados para, usándoos de arriba a abaixo, separa-lo alimento da lama e os sedimentos. A filtraxe é facilitada polas lamelas, estruturas pilosas que están ó longo das mandíbulas, e a lingua grande e de superficie selagre. A cor rosada característica dos flamingos ten a súa orixe nos Beta carotenos presentes na súa dieta. A fonte destes varía segundo as especies pero son en xeral os crustáceos e as algas verde-azuis. Os flamingos dos zoos reciben en ocasións aditivos coa comida (similares os utilizados na cría do salmón) para axudarlles a manter o ton rosado.

[editar] Cor

Os flamingos novos son grises pero a cor dos adultos vai do rosa claro ó vermello. Á importancia xa citada da dieta na coloración hai que engadir o papel das bacterias que viven nas augas nas que se alimentan. A falta de cor ou a cor palida nun exemplar adoitan indicar algún tipo de doenza ou falta de alimentación. Nos flamingos cativos, poren, as cores palidas están relacionadas coa falta de beta carotenos na dieta.

[editar] Cebo das crías

Os flamingos, coma as pombas, producen un "leite" co que embicadan as crias. Esta sustancia, máis rica en graxa e con menos proteinas cá das pombas, é segregada por unhas glándulas situadas na parte superior do tuvo dixestivo. Os flamingos novos aliméntanse desta secreción, que contén tamén glóbulos vermellos e brancos, ata que teñen o bico desenrolado dabondo como para alimentarse independentemente.

[editar] Conservacion status

A situación das diversas especies depende sobre todo dos cambios que están a sufrir os seus hábitats. Así, as poboacións de Phoeniconaias minor sofren a amenaza da desecación do lago Natron, unha das súas áreas de cría principais. As causas da morte de miles de flamingos nos lagos do val do Rift non están aínda aclaradas, relacionandose coa polución ou con algunha doenza aviar.

[editar] Referencias

  • Fain, Matthew G. & Houde, Peter (2004): Parallel radiations in the primary clades of birds. Evolution 58(11): 2558-2573. texto íntegro en PDF (inglés)
  • Feduccia, Alan (1976): Osteological evidence for shorebird affinities of the flamingos. Auk 93(3): 587-601. texto íntegro en PDF (inglés)
  • Hilty, Steven L. (2003): Birds of Venezuela. Christopher Helm, London. ISBN 0-7136-6418-5
  • Johnson, Kevin P.; Kennedy, Martyn & McCracken, Kevin G. (2006): Reinterpreting the origins of flamingo lice: cospeciation or host-switching? Biol. Lett. 2: 275–278. PDF fulltext
  • Sibley, Charles G.; Corbin, Kendall W. & Haavie, Joan H. (1969): The Relationships of the Flamingos as Indicated by the Egg-White Proteins and Hemoglobins. Condor 71(2): 155-179. PDF fulltext
  • Svensson, Lars; Zetterström, Dan; Mullarney, Killian & Grant, P. J. (1999): Collins bird guide. HarperCollins, London. ISBN 0-00-219728-6
  • Ubilla, M.; Perea, D.; Tambussi, C. & Tonni, E. (1990): Primer registro fósil de Phoenicopteridae (Aves: Charadriiformes) para el Uruguay (Mio-Plioceno). Anais da Academia Brasileira de Ciências 62: 61-68.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -