Filippo Pozzato
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Informacións | |
---|---|
Nome | Filippo (Pippo) |
Apelido | Pozzato |
Data de nacemento | 10 de setembro de 1981 |
País | Italia |
Equipo | |
Último equipo | Liquigas |
Equipo(s) Pro | |
2000-2002 2003-2004 2005-2006 2006- |
Mapei Fassa Bortolo Quick Step Liquigas |
Principais vitorias | |
|
Filippo Pozzato, a quen chaman Pippo, nado en Sandrigo o 10 de setembro de 1981, é un ciclista italiano.
Índice |
[editar] Biografía
Logo dunha carreira moi prometedora en categorías menores e en júnior, fíxose profesional no ano 2000 dentro do equipo Mapei. No 2003 pasa ao Fassa Bortolo, despois marcha ao Quick Step-Innergetic en 2005 e finalmente recala no Liquigas. É un corredor bastante regular, pero especialmente bo como esprínter e como contrarreloxista.
Foi seleccionado dentro do equipo olímpico italiano para participar nos Xogos de Atenas, na especialidade de contrarreloxo, pero finalmente non puido competir.
[editar] Palmarés
- 2 tiradas do Tour de Francia, unha en 2004 e outra en 2007
- Vencedor da Milán-Sanremo de 2006
- Vencedor da clásica Tirreno-Adriático, en 2003.
- Vencedor da Clásica de Hamburgo en 2005
- Vencedor da Volta ao Lazio en 2005
- Subcampión de Italia de ciclismo en estrada en 2003 e 2005