Ferrari 375 America
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ferrari | |
---|---|
Información | |
País | Italia |
Fabricante | Ferrari |
Produción | 1953-1954 12 unidades |
Sucesor | |
Carrozaría | |
Motor | V 12 de 60 graos e 4522 cc dianteiro lonxitudinal |
Potencia | 300 hp a 6.500 rpm |
Longo | 4.190 mm |
Largo | 1.640 mm |
Alto | 1.090 mm |
Peso | 900 Kg. |
Tracción | Traseira, caixa de cambios manual de 4 velocidades |
Suspensión | Independente dianteira, traseira de follas semielípticas |
Freos | Tambor nas 4 rodas |
Prestacións | 270 Km/h. aceleración 0-100: 6.8 s. |
Pneumáticos | Aros de 16" |
Outros datos | |
[1] |
O Ferrari 375 America foi presentado no Salón de París no ano 1953 xunto ao 250 Europa. O 375 continuaba a serie de modelos "America" destinados ao mercado estadounidense. Estes modelos caracterizábanse polo seu gran tamaño, o uso de motores máis grandes e un baixo número de produción. Xeralmente, cada auto terminábase con detalles ou especificaciones solicitadas polo cliente. A configuración do Ferrari 375 America contaba cun chasis tubular estándar de aceiro soldado, suspensións de elásticos con amortecedores con resortes e freos a tambor accionados hidráulicamente. En xeral, a posta a punto do chasis era bastante similar á do 250 Europa, contando con diferenzas especialmente destinadas a acomodar un motor máis grande e pesado. Unha das diferenzas era maior distancia entre eixos, de 2.800 mm.