Fermín Penzol
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Fermín Penzol Labandeira (Sahagún de Campos, 19 de agosto de 1901 — Santiago de Compostela, 1981) foi un galeguista do interior perante a ditadura franquista. Nado na provincia de León, trasladouse a Lugo onde estableceu contacto co Partido Galeguista.
Durante o Franquismo serviu de contacto con Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego. Á súa morte fundouse coa súa biblioteca a Fundación Penzol na cidade de Vigo.