Fausto Bordalo Dias
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Carlos Fausto Bordalo Gomes Dias, máis coñecido por Fausto (Vila Franca das Naves, 26 de novembro de 1948) é un cantor portugués. Vencellado aos movementos de esquerda, durante a ditadura, Fausto continuou baixo o novo sistema político unha fecunda carreira musical. O seu estilo recolle todas as influencias dos cantores de abril, dende a inspiración nas músicas populares do norte do país, até a influencia dos ritmos africanos. O seu disco Para além das cordilheiras escolleuno a prensa como un dos dez mellores discos portugueses de todos os tempos. Porén, seguen a ser máis populares os seus primeiros traballos, en especial polas cancións "Se tu fores ver o mar (Rosalinda)", "Uns vão bem e outros mal" e "Roupa Velha".
Índice |
[editar] Discografía
[editar] Álbums orixinais
- Fausto (1970)
- Pró que der e vier (1974)
- Beco com saída (1975)
- Madrugada dos trapeiros (1977)
- Histórias de viajeiros (1979)
- Por este rio acima (1982)
- O Despertar dos alquimistas (1985)
- Para além das cordilheiras (1987)
- A preto e branco (1988)
- Crónicas da terra ardente (1994)
- A Ópera mágica do cantor maldito (2003)
[editar] Coletáneas
- O Melhor dos melhores (1994)
- Atrás dos tempos vêm tempos (1996)
- Grande grande é a viagem (ao vivo) (1999)
- 18 Canções de Amor e Mais Uma de Ressentido Protesto (2007)