Física atómica
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A física atómica estuda as propiedades e o comportamento dos átomos ou, en xeral, a nivel de dimensións atómicas. John Dalton (1766-1844) é xeralmente recoñecido como quen estableceu a teoría atómica da materia, pese a que o atomismo tivo continuados defensores dende o tempo de Demócrito de Abdera. Dalton deu á teoría contido científico sólido e transformouna así na base da física e da química. Os átomos dun elemento, dixo, son iguais pero o átomo dun elemento difire do átomo doutro. Estableceu que os átomos eran indivisibles, de aí o seu nome (á-tomos).