Estratigrafía
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A estratigrafía, unha rama da xeoloxía, estudia as capas de rocha e o seu proceso de formación (estratificación). É usada principalmente no estudo de rochas sedimentarias e volcánicas. A estratigrafía inclúe duas subdisciplinas: a litoestratigrafía e a estratigrafía biolóxica ou bioestratigrafía.
[editar] Desenvolvimento histórico
A base teorética da materia foi establecida por Nicholas Steno quen introduciu o principio da superposición, o principio da horizontalidade orixinal, e o principio da continuidade lateral nun traballo de 1669 sobre a fosilización de restos orgánicos en capas de sedimentos.