Esciro - Σκῦρος
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esciro ou Esciros (Skyros ou Scyrus, Σκῦρος) é unha illa grega do mar Exeo, unha das Espóradas, ao leste de Eubea na ruta cara ao Ponto. Está formada por dúas partes (norte e sur) dividida por un istmo.
Antigamente tiña unha cidade co mesmo nome e un río chamado Cefiso. A capital aínda leva o nome de Skyros ou Chora e está ao nordés (antes chamábase San Xurxo). A súa superficie é de 215 km² e a poboación de 3.000 habitantes. A altura máxima está no monte Kokhilas, en pártea sur con 793 metros. Nas proximidades hai 32 illas e illotes. O porto de Linaria está no suroeste. En pártea norte está o monte Olimpo con 399 metros.
[editar] Historia
Tucídides menciona que a illa estaba habitada polos dólopes e foi conquistada por Cimón logo das guerras Médicas, en (-469), xa que un oráculo ordenara en -476 levar os ósos de Teseo desde a illa a Atenas. Efectivamente, os supostos ósos foron levados a Atenas e gardados no Teseion. Cimón expulsou aos dólopes e estableceu colonos atenienses e desde entón foi vista como parte de Atenas e ata na paz de Antálcidas recoñecida como parte inseparable de Atenas xunto con Lemnos e Imbros.
Os macedonios apoderáronse dela en -240, pero os romanos obrigaron a Filipo V de Macedonia a retornar a illa a Atenas no tratado de paz de -196.
Permaneceu en mans romanas e bizantinas ata 1205 cando foi ocupada polos venecianos e gobernada polos Ghisi e os Tiépolo ata que cara a 1390 foi ocupada polos otománs, pero os bizantinos recuperárona pouco despois e conservárona ata 1453. Neste ano púxose baixo protección de Venecia. Os turcos ocupárona en 1538. Volveu a mans de Grecia en 1830.