El Noroeste
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Noroeste (homónimos).
El Noroeste foi un xornal que se editou na Coruña entre 1896 e 1919.
Aparece o 31 de decembro de 1896 co subtítulo Diario católico regionalista, que recolle a tendencia do xornal: católica e rexionalista. Foi fundado por José Lombardero Franco, que foi o seu primeiro director. A este sucedérono José Pan e José G. Acuña. Tamén foi o dirixido durante un breve período por Wenceslao Fernández Flórez.
Entre os colaboradores do xornal figuran Antón Vilar Ponte e Manuel Lugrís Freire.
Entre 1917 e 1919 publica un suplemento de catro páxinas titulado: ¡Terra a Nosa!, transformado pouco despois en Bibrioteca popular galega. Nel apreceron Contos da forxa de Carré Aldao, O castro de Cañás (Boicentril) de Francisco Tettamancy, Frores do noso paxareco de Francisca Herrera e Da raza de Uxío Carré Alvarellos.
Entre o 17 de setembro de 1918 e o 20 de marzo de 1919 publica un suplemento literario titulado: Nós. Páxinas gallegas do diario da Cruña EL Noroeste, con cabeceira de Castelao, que segundo Filgueira Valverde sería precursor, en certo xeito, da revista Nós.
El Noroeste cesa a súa publicación en 1919.