Edmondo de Amicis
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Edmondo de Amicis (Oneglia 1846 - Bordighera 1908) foi un escritor italiano.
Militar de carreira, participou na batalla de Custozza (1866), e tras a toma de Roma (1870), abandonou o exército para se dedicar as letras. Introdutor do libro de viaxes na literatura italiana moderna, con títulos como Spagna (1873), Olanda (1874), Ricordi di Londra (1874), Marocco (1876]), Costantinopoli (1878), Ricordi di Parigi (1879).
A súa obra máis coñecida foi Cuore (Corazón, 1886), dentro da que aparece o relato interpolado "Dos Apeninos aos Andes", no que se baseou a serie de animación xaponesa Marco (母をたずねて三千里 Haha wo tazunete sanzenri).