Dominique de Villepin
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Dominique de Villepin | |||
---|---|---|---|
Nome completo: | Dominique de Villepin | ||
Data de nacemento: | 14 de novembro de 1953 | ||
Lugar de nacemento: | Rabat, Marrocos | ||
Data de falecemento: | {{{datafalecemento}}} | ||
Lugar de falecemento: | {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}} | ||
Partido político: | UMP | ||
Cargo(s): | 17º Primeiro Ministro da Vª República Francesa 31 de maio de 2005- 17 de maio de 2007 | ||
Profesión: | Escritor e diplomático |
Dominique Marie François René Galouzeau de Villepin (14 de novembro de 1953) foi o Primeiro Ministro de Francia do 31 de maio de 2005 ao 17 de maio do 2007. Home político e escritor francés, foi ademais ministro de varias carteiras.
Naceu en Rabat (Marrocos). O seu pai Xavier de Villepin, foi embaixador así como senador centrista elixido polos franceses no estranxeiro ata setembro do 2004.
Politicamente estivo ligado a Jacques Chirac dende os anos 80. Nunca desempeñou un cargo por votación popular; con todo, manifestou en 2005 que non descarta presentarse como candidato presidencial para as eleccións do 2007.
Coñecedor da historia de Napoleón I, publicou diversos textos sobre o tema, entre eles o seu libro "Os cen días", que relata o período no que o Emperador retomou o poder despois de fuxir da illa de Elba. Foi reemprazado por François Fillon trala elección de Nicolas Sarkozy o 17 de maio do 2007.
[editar] Ligazóns externas
- Discurso de De Villepin ante o Consello de Seguridade das Nacións Unidas (19 de marzo de 2003, víspera da Invasión de Iraq de 2003).
Predecesor: Hubert Védrine |
Secretario Xeral da Presidencia da República Francesa 1995-2002 |
Sucesor: Philippe Bas |
Predecesor: Hubert Védrine |
Ministro de Asuntos Exteriores 2002-2004 |
Sucesor: Michel Barnier |
Predecesor: Nicolas Sarkozy |
Ministro do Interior 2004-2005 |
Sucesor: Nicolas Sarkozy |
Predecesor: Jean-Pierre Raffarin |
Primeiro Ministro de Francia 2005-2007 |
Sucesor: François Fillon |