Disolventes volátiles (inhalantes)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os disolventes volátiles son unhas substancias inhalantes líquidas que se vaporizan a temperaturas ambientais. Atópanse nunha variedade de produtos económicos e facilmente obtibles, de uso común doméstico e industrial. Estos inclúen os diluintes e removedores de pinturas, líquidos para lavado en seco, quita-graxas, gasolinas, pegamentos, líquidos correctores e os líquidos dos rotuladores con punta de feltro. En ocasións estas substancias empréganse para fins distintos do previsto orixinalmente xa que se usan como drogas que se consumen nifrándoas ou quentándoas.
O uso destes inhalantes pode causar problemas no cerebro, figado, nos nervios e outros danos no corpo. A morte por abuso dos disolventes ocorre polo miúdo pola aspiración do vómito mentres a persoa está inconsciente, o pola combinación dunha depresión respiratoria e hipoxia; a segunda causa é especialmente arriscada con vapores de butano ou gasolina. A morte tipicamente ocorre a partir das complicacións antes relatadas e excesiva sedación e os vómitos. Moitas mortes polo abuso de disolvente poderían previrse se os individuos foran resucitados rapidamente cando eles deixan de respirar e si se deixa o conducto do aire libre cando eles vomitan. Sen embargo, moitos abusos no consumo dos inhalantes teñen lugar cando a xente inhala disolventes por eles mesmos ou en grupos de xente que tamén está intoxicada. Certos disolventes supoñen máis riscos debidos o azar, como a gasolina ou os gases refrixerantes.
A hipoxia pode acontecer cando os usuarios de inhalentes se poñen unha bolsa de plástico sobre a súa faciana, co que eles non poden respirar suficiente aire fresco. Emporiso, algúns inhalantes son máis densos que os gases do aire ou vapores, e, se unha respiración regular non se manteñe, poderian quedar restos nos pulmóns en lugar do aire que é naturalmente expelido. Ademais algúns disolventes son altamente inflamables (exemplo: gasolina, disolventes de pintura, etc.) e algúns usuarios sufríron queimaduras ou a morte durante consumo o producirse lume.
As mulleres embaradas que empregan inhalantes poden cauasr graves danos no feto. O bebe podería ser máis pequeno ou precisar coidados sanitarios adicionais. Existen evidencias de bebes nados con defectos e incapacidades de mulleres as cales nifraran gasolina. Manexar o coche mentres se está consumindo inhalantes causa transtornos na condución similares ós do alcol.