See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Deserto de Rub al-Khalí - Wikipedia

Deserto de Rub al-Khalí

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

al-Khalí: Parte do deserto arábigo de 580 000 quilómetros cadrados nos estados de Iemen, Omán, Emiratos Árabes Unidos e Arabia Saudí, tamén chamado "a media lúa baleira". O significado orixinal da súa denominación en árabe é "cuarto desertico" e polas súas estremas transitan beduínos comerciantes (alí chamados bedus) das tribos de Saar, Raxid, Manahil, Mahrah, Auamir, Baniiás e Dauasir. Rara vez é cruzado directamente (salvo por aventureiros na época colonial: Charles Doughty, Anne Blunt, sir Richard Burton, Gertrude Bell, T. E. Lawrence, Bertram Thomas, etc.)

Inda que tén unha boa parte de afloramentos rochosos e chairas de xabre, coñécese tamén por "as areas" pola súa extensión de area, que o converte no mar de area máis extenso do mundo, con dunas de ata 250 metros de alto. Mais o seu subsolo agocha outra riqueza: nos anos 1930 descubríronse uns xacementos de petróleo debaixo do deserto e creouse a Arabian-American Oil Company (Aramco) para a súa comercialización. Agora esta empresa xa non tén capital norteamericano e isto fornece enormes beneficios ó estado saudí, que conta cunha das maiores rendas per cápita do mundo grazas a isto. As exploracións ulteriores aínda amosaron máis xacementos (Xaibah en 1990, de 775 quilómetros cadrados e con catorce mil millóns de barrís de cru Arab, un dos mellores do mundo) e polo deserto trazáronse oleoductos de ata 635 quilómetros (construídos por 14.000 operarios) ata a refinería de Abqaiq.

Neste deserto poden atoparse uruquín (o de al-Mutaridah, "a vea continua"), sebkhas(a de Umm as-Sammim, "Nai dos velenos") ou barkháns, e é onde se cultiva o qat.

[editar] Costumes

O costume do saúdo beduíno ós viaxeiros neste deserto ten tres pasos:

  • antes de achegarse de todo a un campamento, debe enviarse un emisario que informará das intencións dos visitantes;
  • berrar "salamu galaikum" (a paz sexa contigo) varias veces axitando a man dereita para amosar que se vai desarmado;
  • coller area e lanzala polo aire coa man dereita, xesto de paz en Arabia Saudí;

Esta tradición espállase tamén á compaña dos membros das tribos coas que haxa conflito, obrigando a unha lei da hospitalidade que tamén se estende ó deserto do Sáhara.

[editar] Referencias

Donovan Meister & George Steinmetz (2005) Media luna vacía. En: Revista National Geographic edición española de febreiro de 2005.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -