Denys Arcand
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Denys Arcand (25 de xuño de 1941, Deschambault, Quebec) é un director, guionista, actor e produtor de cinema do Quebec. Cineasta de estilo variado e dilatada carreira, é coñecido fundamentalmente polos seus dous éxitos principais: O declive do imperio americano ("Le déclin de l'empire américain") e a continuación dezaoito anos após: As invasións bárbaras ("Les Invasions barbares").
[editar] Evolución
A obra cinematográfica de Denys Arcand está inserida de cheo no cinema quebequés e as súas transformacións. Nunha primeira vaga a súa obra está composta de ferintes documentarios e ao tempo de filmes ficcionais mostrando a realidade social e lingüística (os seus traballos normalmente son en francés malia a que o inglés asoma en momentos) do seu país.
A partir da decepción que supón a derrota no referendum pola independencia do Quebec de 1980 abandona o estilo máis radicalmente social e comeza a xerar un cinema de autor, sen esquecer os seus principios, pero buscando un maior éxito persoal chegando mesmo a filmar dous traballos en lingua inglesa. O traballo de fotografía e escenografía adecúase ás normas de Hollywood, tanto pola iluminación como polos encadramentos de evocación televisiva.
[editar] Filmografía
- 2007 - L'Âge des ténèbres
- 2003 - Les invasions barbares
- 2000 - Stardom
- 1996 - Joyeux calvaire
- 1993 - Love & human remains
- 1991 - Montréal vu par...
- 1989 - Jésus de Montréal
- 1986 - Le déclin de l'empire américain
- 1985 - Murder in the family (TV)
- 1984 - Le crime d'ovide plouffe
- 1982 - Le confort et l'indifférence
- 1976 - On est au coton
- 1975 - Gina
- 1973 - Réjeanne Padovani
- 1972 - Québec: Duplessis et après...
- 1972 - La maldite galette
- 1967 - Parcs atlantiques (curtametraxe)
- 1966 - Volleyball (curtametraxe)
- 1965 - Les montréalistes (curtametraxe)
- 1965 - La route de l'ouest (curtametraxe)
- 1964 - Champlain (curtametraxe)
- 1964 - Samuel de Champlain: Québec 1603 (curtametraxe)
- 1962 - Seul ou avec d'autres