De profundis
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: De profundis (homónimos).
De profundis é unha produción galega do ano 2006 dirixida por Miguelanxo Prado.
Trátase dunha longametraxe de animación de 71 minutos de duración que narra unha historia con raíces nos mitos das culturas atlántica. Os protagonistas da película son un pintor que soña ser mariñeiro e pescador, e unha muller que toca o violoncello, namorados e compartindo unha casa no medio do mar.
A produción corre a cargo de Continental Producciones, S.A., Desembarco Producións, S.L., Estrella Galicia e Zeppelin Filmes, mentres que a distribuidora foi Biblos Clube de Lectores. A cinta 19 de estreouse o 17 de xaneiro de 2007.
[editar] Equipo técnico
- Guión: Miguelanxo Prado
- Música: Nani García
- Produción Executiva: Chelo Loureiro
- Produción: Pancho Casal
- Montaxe: Guillermo Represa