Cuantificador
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Cuantificadores son aqueles pronomes que cuantifican (expresan unha magnitude en números) con maior ou menor precisión a realidade. É precisamente a precisión o criterio que nos permite distinguir entre cuantificadores indefinidos, definidos e absolutos.
Índice |
[editar] Cuantificadores indefinidos
Non expresan a magnitude con exactitude. Sinalan obxectiva ou subxectivamente unha cantidade indefinida. Poden ser:
-
- Apreciativos: Chega ben, xa temos bastantes cartos.
- Correlativos: Non crin que tiveramos tantos cartos (manifestan unha valoración sobre a cantidade en relación a unha magnitude xa suposta)
[editar] Cuantificadores absolutos
Sinalan a cantidade total ou negan a existencia de calquera cantidade.
O vocábulo "cero" pode ser ás veces cuantificador absoluto: cero graos, cero euros.
[editar] Cuantificadores definidos
Precisan con exactitude as magnitudes cuantificando con precisión a realidade.
[editar] Cuantificadores definidos unitarios
Os cuantificadores definidos unitarios dous, tres e catro poden tamén desenvolver a función de cuantificadores indefinidos: Só sei catro cousas da vida.
É salientable que o cómputo de base vixesimal coas centenas está inda presente na fala: dezcentos, oncecentos, trececentos,...dezanovecentos
[editar] Cuantificadores definidos partitivos
A partir de quíntuplo acostuma empregarse o unitario seguido da palabra veces.
[editar] Cuantificadores definidos multiplicativos
Desenvolven a mesma función os substantivos carteirón ('cada unha das catro partes en que algo está dividido) e quiñón ('determinada parte da ganancia ou herdanza).
[editar] Cuantificadores definidos colectivos
Milleiros tamén é cuantificador definido colectivo.
Algúns substantivos son cuantificadores colectivos, mais non pronomes: bienio, trío, cuarteto, oitava, década, quincena, corentena (referido a días), lustro, século, milenio...