Constantino X Ducas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Constantino X Ducas (1006 - maio de 1067) foi emperador do Imperio Bizantino entre 1059 e 1067. Foi nomeado sucesor por Isaac I Comneno, antes de retirarse a un mosteiro, grazas ao consello de Miguel Psellos.
Constantino estaba casado con Eudocia Macrembolitissa, sobriña de Miguel Cerulario. Tanto Eudocia como Miguel Psellos foron figuras moi poderosas durante o seu reinado. Valedor da aristocracia civil de Constantinopla, foi bastante impopular. Limitou considerabelmente o financiamento do exército, o que se traduciu en importantes perdas territoriais. Durante o seu reinado, perdéronse case todas as posesións bizantinas en Italia (fóra dun exiguo territorio ao redor de Bari) a mans do normando Roberto Guiscardo; tamén se produciron as invasións dos selxúcidas, guiados por Alp Arslan, quen conquistaron Armenia e Capadocia. Constantino, que xa era ancián cando accedeu ao poder, morreu en 1067.
[editar] Bibliografía
- Norwich, John Julius: Breve historia de Bizancio. Editorial Cátedra, 2000. ISBN 84-376-1819-3.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Isaac I Comneno |
Constantino X Ducas | Precede a: Romano IV Dióxenes |
Dinastía Ducas-Comneno |