Condado de Cache
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Condado de Cache é un condado do estado norteamericano de Utah, localízase no norte xunto á fronteira co estado de Idaho. Comprende dúas zonas ben diferenciadas no occidente o Val de Cache atravesado polo río Bear, onde se concentra a poboación e no oriente a cordal de Wasatch. O primeiro asentamento do territorio foi Wellsville fundado por Peter Maughan en río Bear. A superficie é de 3,038 km² e a poboación de 91.391 habitantes (2005), a capital e principal cidade é Logan.