Wikipedia:Como crear unha páxina
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Podes crear unha páxina mediante esta fiestra se estás completamente seguro de que non existe outra páxina co mesmo contido que vas editar:
Galipedia, a enciclopedia que calquera pode editar! | |||
---|---|---|---|
|
Unha páxina nova pode comezarse deste xeito, que te levará a unha fiestra onde se pode comezar a escribir. Ou ben:
- Premendo nun enlace en vermello dunha páxina xa existente. Iso levará a esa fiestra.
- Outra opción é ir á Wikipedia:Zona de probas e alí introducir unha ligazón, seguíndoa podemos editar a páxina.
- Tamén se pode escribir o título na barra de navegación do noso navegador, a continuación de http://gl.wikipedia.org/wiki/ (pero se é un usuario inexperto non se recomenda esta opción). Se non existe a páxina, aparécenos unha fiestra na que di que aínda non hai texto nesa páxina. Enriba temos unha pestana que ofrece a posibilidade de editala, co que estaremos xa nunha situación equivalente á dos casos anteriores.
Unha vez creada a páxina, debemos procurar que non quede illada, iso quere dicir que temos que buscar relacións con outras páxinas e establecer ligazóns entre elas. Dese xeito será moito máis doado atopar a información que se busca nesta enciclopedia.
- Nota importante: o título debe ser claro, que inequivocamente indique o contido, e o máis sinxelo posible, gardando as normas sobre maiúsculas/minúsculas, separacións entre palabras, etc.
Hai unha serie de usos en relación a como deben ser os títulos das páxinas, se non atopa esa información na axuda da Galipedia pode recurrir ás Wikipedias inglesa, española ou portuguesa para ampliar a documentación: Axuda en inglés, Axuda en castelán, Axuda en portugués.