Claudio Coello
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Claudio Coello (Madrid, 1624 - idem, 1693) foi un pintor barroco español, representante da chamada Escola madrileña.
[editar] Biografía
Coello naceu en Madrid en 1624. Os seus primeiros pasos na pintura foron guiados polo seu propio pai, Faustino Coello, un broncista portugués, pero o seu verdadeiro mestre foi o pintor Francisco Rizi (1608-1685). Sábese que fixo unha viaxe a Italia, mais os datos son escasos. De volta mantivo relación con o pintor asturiano Juan Carreño de Miranda (1614-1685), que era amigo de Rizzi, que foi quen o introducíu no pazo real, con o que puido coñecer de perto as coleccións artísticas da monarquía.
Foi pintor de cadros de temática relixiosa e retratista. Actuou tamén como pintor ao fresco, labor na que colaboraba con artistas máis especializados como Sebastián Muñoz ou Jiménez Donoso.
En 1686 foi nomeado pintor de cámara do rei Carlos II. O seu discípulo máis importante foi Antonio Palomino (1655-1726), ao que se deben algunhas noticias sobre el.
[editar] Valoración
Claudio Coello é valorado como un pintor que domina o debuxo e a composición. Considérase como o autor que máis se ten achegado a Velázquez no uso da perspectiva aérea a través do seu cadro da Adoración da Sagrada Forma (1685).
[editar] Obras
- Anunciación (1663), para o convento de San Plácido, Madrid.
- Apoteose de santo Agostiño (1664), Museo do Prado, Madrid.
- Martirio de san Xoán Evanxelista (1674), igrexa de Torrejón de Ardoz (Madrid).
- Aparición da Virxe a san Domingos, Academia de Belas Artes de San Fernando, Madrid.
- Santa Rosa de Lima (1684-1685), Museo do Prado, Madrid.
- Adoración da Sagrada Forma (1685), sancristia do Escorial.
- Martirio de santo Estevo, igrexa de Santo Estevo, Salamanca.