See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Civitas Limicorum - Wikipedia

Civitas Limicorum

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Image:Merge-arrows.gif Este artigo debe ser combinado con Límicos

Fontes Os límicos son citados en Plinio, Naturalis Historia, que os menciona entre os equesios e os quarquernos. Ptolomeo, Geographia, 6, 38 e 43, nomeaos entre os calaicos brácaros, citándoos entre os bibalos e os grovios, e indica como capital súa o Forum Limicorum. Asimesmo os límicos están entre os grupos dedicantes indicados no Padrón dos Pobos (CIL, II, 2477).

Son numerosas os epígrafes nos que se citan individuos límicos.

En dúas lápidas honoríficas, conservadas no Museo Arqueolóxico de Ourense, datábeis no inicio do século II d.C., cítase a Civitas Limicorum (CIL, II, 2516 e 2517). Esta mesma civitas ven sendo identificada con a Lemica Civitate do Cronicón de Hidac

Localización xeográfica

Dende antigo, polo seu nome os límicos foron, adscritos historicamente ao curso do río Limia (en portugués Lima) na actualidade e comunmente aceptado que o territorio Limico corresponderiase coa actual comarca da alta Limia, coincidindo cos actuales concellos de Xinzo de Limia, Sarreaus, Vilar de Barrio, Sandias, Vilar de Santos, Rairiz de Veiga, Porqueira, e parte de Trasmiras e de Balatar. Serían as dúas lápidas honoríficas arriba citadas, as que levarian a Marcelo Macías, a fins do século XIX, identificar a Civitas Limicorum, que iguala ao Forum Limicorum, co castro da Cidá ou Cibdá, sito no monte do Viso, perto de Nocelo da Pena, no concello de Sarreaus. Sin embargo, esta relación foi reconsiderada a partires dos achadegos das duas estatuas sedentes en Xinzo de Limia documentadas por Ferro Couselo no ano 1972.

Na actualidade a maioria dos investigadores coinciden en que o Foro dos Límicos estivo na zona que ocupa o Barrio de Abaixo do actual Xinzo de Limia, como quedou de manifesto no curso de extensión universitaria de Xinzo de Limia "A Limia na época galaico romana", que deu pé o proxecto arqueogenitio [1]. O argumento arqueolóxico semella quedar superado na actualidade, interpretandose o achadego das lápidas e a súa lectura nun contexto xurisdicional do territorio Limiao, fronte o locacional de Marcelo Macias, como deixaron de manifesto Xusto Rodriguez ou Fermín Pérez Losada entre outros investigadores. Ha que engadir que Xinzo de Limia o Foro Limicorum, sitúase o pé do rio Limia, nun epicentro de camiños na época Romana, como o definiu X.C. Rivas Fernandez.

O romanizado castro de Nocelo da Pena, alonxado das vias de comunicacion romanas conocidas no territorio Limiao, tivo una existencia parella as explotacións minéiras do lugar. Segundo Rodríguez Colmenero, o propio emprazamento do castro ocupa unha superficie de 3 ha, pero na ampliación do seu emprazamento cara a planície circundante, abranxiría unha área de 2 millas (romanas) de circunferencia. Este arqueólogo sostén que o lugar remonta até a Idade do Bronce, con continuidade da actividade mineira, con explotación de estaño, até época romana, segundo se deduce de achados da década de 1940.

Consonte o sinalado, os límicos situábanse no curso superior do río Limia e nos arredores da desecada lagoa de Antela, nunha ampla planicie - en realidade unha depresión tectónica -, coñecida popularmente como A Limia, e polos naturais dela denominada simplemente como a Veiga. Esta mesma ubicación é a admitida por Tranoy no seu mapa sobre a Gallaecia, a pesares de que a reducción de Marcelo Macias levarao a colocar, a Civitas Limicorum en Nocelo da Pena.

Seguindo o percurso do seu río epónimo, en dirección suroeste, encontraríanse cos quarquernos; cara o Leste os bibalos e os tamaganos.

Aspecto diferente presenta a mansión viaria nomeada Limia. En efecto no Itinerario de Antonino sinalanse, en orde e marcando as distancias entre eslas, as estacións da Via XIX, dita tamén "per loca maritima", é dicer polo litoral, entre Bracara Augusta (Braga) e Asturica Ausgusta (Astorga). As catro primeiras son as seguintes:

Limia........milia passum XVIII Tude.........milia passum XXIII Burbida......milia passum XVI Turoqua......milia passum XVI

Tanto Tude como Turoqua, están ben identificadas, correspondendo, respectivamente, hoxe as cidades de Tui e Pontevedra; Burbida asígnase con certas dúbidas a Borbén (estas tres localidades da provincia de Pontevedra), e Limia acostuma identificarse con a actual Ponte de Lima, no Norte portugués, sen nengún problema. Mas debe indicarse, que non ten nada que ver con a Civitas Limicorum, como algúns autores aínda pretenden, é simplemente o nome dunha mansio sita nun paso do río Limia, identificándoa, e pertencería posibelmente ben ao pobo dos seurbos ou dos leunos, conforme á descrición da costa da Gallaecia que efectúa Plinio, IV, 111-112, de Norte a Sur: "Logo dos cilenos ven o convento bracarense cos helenos, os grovios e o seu oppidum Tyde, todos descendentes dos gregos (...) O río Miño con unha foz de 4.000 pasos de ancho, os leunos, os seurbos e Augusta, a cidade dos brácaros..."


Subdivisións Por fontes epigráficas coñecemos dúas centurias ou castella: Arcuce e Talabrica.


Bibliografía

  • MARCELO MACIAS, Civitas Limicorum, in Boletín de la Comisión de Monumentos de Orense (1898) t. I, nº 5.
  • RODRUGUEZ COLMENERO, Antonio, Galicia meridional romana. Universidad de Deusto. 1977.
  • XUSTO RODRIGUEZ,M.(1996)"O núcleo urbano de Xinzo de Limia" en RODRIGUEZ COLMENERO,A.coord.(1996) Los orígenes de la ciudad en el Noroeste Hispano.pp.1291-1304.Lugo
  • XUSTO RODRIGUEZ,M."A igrexa vella de Xinzo de Limia.Da lenda ó patrimonio histórico".Auria,VII.La Region ,pp.25-27.Ourense
  • XUSTO RODRIGUEZ,M.(1999)"Sta. mariña;un fito patrimonial no centro histórico de Xinzo".Lethes,II,.Centro de Cultura Popular da Limia.pp.74-93.Xinzo
  • XUSTO RODRIGUEZ,M.(2000) "La iglesia vieja de Xinzo de Limia.intervención arqueológica y lectura histórica"Restauración ,Rehabilitación.pp26-33.Madrid
  • RIVAS FERNANDEZ,J.C.(2000)"O foro dos límicos,Xinzo,epicentro de camiños en época romana".Lethes,II.Centro de Cultura popular da Limia.pp.62-73.Xinzo
  • PEREZ LOSADA,F.(2002)"Xinzo de Limia"Entre a cidade e a aldea.estudio arqueohistorico dos aglomerados secundarios romanos en Galicia.Brigantium,XIII,pp.214-227.A Coruña
  • FERRO COUSELO,X."Estatuas sedentes y una columna miliaria de Xinzo de Limia".Boletín Auriense,II,pp.329-335.Ourense.pdf
  • FARIÑA BUSTO,F. e XUSTO RODRIGUEZ,M.(1995)"O ara de Xinzo de Limia e a sua contextualización arqueoloxica".Boletín Auriense,XXV,pp.61-80.Ourense

Categoría: Pobos prerromanos de Gallaecia


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -