See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Citoloxía - Wikipedia

Citoloxía

Na Galipedia, a wikipedia en galego.


Image:Merge-arrows.gif Este artigo debe ser combinado con Bioloxía celular

A citoloxía ou bioloxía celular é a póla da bioloxía que estuda as células no que concerne á súa estrutura, ás súas funcións e á súa importancia na complexidade dos seres vivos.

Coa invención do microscopio óptico foi posible observar estruturas nunca antes vistas polo home, as células. Esas estruturas estudáronse máis detalladamente co emprego de técnicas de citoquímica e coa axuda fundamental do microscopio electrónico.

A bioloxía celular céntrase na comprensión do funcionamento dos sistemas celulares, de como estas células regúlanse e a comprensión do funcionamento das súas estruturas.

[editar] Historia

A primeira referencia ao concepto de célula data do século XVII cando o inglés Robert Hooke empregou este termo para referirse aos pequenos ocos poliédricos que constituían a estrutura de certos tecidos vexetais como o corcho. Ata o século XIX non se desenvolve este concepto considerando a súa estrutura interior. É neste século cando se desenvolve a teoría celular, que recoñece a célula como a unidade básica de estrutura e función de todos os seres vivos, idea que constitúe desde entón un do alicerces da Bioloxía moderna. Foi esta teoría a que desprazou en boa medida as investigacións biolóxicas ao terreo microscópico pois non son visibles a primeira ollada.

A investigación microscópica pronto daría lugar ao descubrimento da estrutura celular interna incluíndo o núcleo, os cromosomas, o aparello de Golgi e outros orgánulos celulares así como a identificación da relación existente entre a estrutura e a función dos orgánulos celulares. Xa en século XX a introdución do microscopio electrónico revelou detalles das ultraestrutura celular e a aparición da histoquímica e da citoquímica. Tamén se descubriu a base material da herdanza cos cromosomas e o ADN coa aparición da citoxenética.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -