Circuíto de Brands Hatch
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Brands Hatch é un autódromo situado en Kent, Inglaterra. Albergou ao Gran Premio do Reino Unido de Fórmula 1 nos anos pares entre as tempadas 1964 e 1986, e tamén ao Gran Premio de Europa en 1983 e 1985. O nome do circuíto provén da palabra gaélica Brondehach, que se compón de bron ("pendente forestada") e hach ("entrada ao bosque"). Brands Hatch tamén albergou outras categorías do deporte motor, como o A1 Grand Prix, o Campionato Mundial de Turismos, o Campionato Mundial de Turismos, o Deutsche Tourenwagen Masters, o Campionato de Gran Bretaña de Fórmula 3, o Fórmula 3 Euroseries, os campionatos europeos e británicos de Superbikes, e o Campionato Británico de GT.
Actualmente, o autódromo ofrece tres trazados distintos: un asfaltado de 3,7 km de extensión ("circuíto Grand Prix"), un de 1,9 km ("circuíto Indy") e un mixto de asfalto e grava miúda para competencias de rallycross.
[editar] Todos os gañadores de Fórmula 1, no circuíto de Brands Hatch
Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1964 | Jim Clark | Lotus-Climax | 2:15:07,000 h | 4,265 km | 80 | 151,514 km/h | 11. Xullo | Reino Unido |
1966 | Jack Brabham | Brabham-Repco | 2:13:13,400 h | 4,265 km | 80 | 153,667 km/h | 16. Xullo | |
1968 | Joseph Siffert | Lotus-Ford | 2:01:20,300 h | 4,265 km | 80 | 168,718 km/h | 20. Xullo | |
1970 | Jochen Rindt | Lotus-Ford | 1:57:02,000 h | 4,265 km | 80 | 174,925 km/h | 18. Xullo | |
1972 | Emerson Fittipaldi | Lotus-Ford | 1:47:50,200 h | 4,265 km | 76 | 180,351 km/h | 15. Xullo | |
1974 | Jody Scheckter | Tyrrell-Ford | 1:43:02,200 h | 4,265 km | 75 | 186,269 km/h | 20. Xullo | |
1975 | Emerson Fittipaldi | McLaren-Ford | 1:22:05,000 h | 4,719 km | 56 | 193,168 km/h | 19. Xullo | |
1976 | Niki Lauda | Ferrari | 1:44:19,660 h | 4,207 km | 76 | 183,881 km/h | 18. Xullo | |
1978 | Carlos Reutemann | Ferrari | 1:42:12,390 h | 4,207 km | 76 | 187,698 km/h | 16. Xullo | |
1980 | Alan Jones | Williams-Ford | 1:34:49,228 h | 4,207 km | 76 | 202,318 km/h | 13. Xullo | |
1982 | Niki Lauda | McLaren-Ford | 1:35:33,812 h | 4,207 km | 76 | 200,745 km/h | 18. Xullo | |
1983 | Nelson Piquet | Brabham-BMW | 1:36:45,865 h | 4,207 km | 76 | 198,254 km/h | 25. Setembro | Europa |
1984 | Niki Lauda | McLaren-TAG-Porsche | 1:29:28,532 h | 4,207 km | 71 | 200,299 km/h | 22. Xullo | Reino Unido |
1985 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 1:32:58,109 h | 4,207 km | 75 | 203,634 km/h | 6. Setembro | Europa |
1986 | Nigel Mansell | Williams-Honda | 1:30:38,471 h | 4,207 km | 75 | 208,862 km/h | 13. Juli | Reino Unido |
Record: N.Lauda (3 Veces)
[editar] Enlaces externos
Modelo:Commonscat