Circuíto de Boavista
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Circuíto de Boavista foi un circuíto de carreiras urbano de Fórmula 1 en Porto, Portugal, usado dúas veces para albergar o Gran Premio de Portugal.
O trazado comezaba fronte o porto na "Esplanada do Rio de Janeiro", continuaba pola "Avenida dá Boavista" (do cal o circuíto herdou o seu nome), e logo se curvaba a través de pequenos barrios residenciais ata volver á liña de meta. Sendo sede por primeira vez dun evento de automobilismo en 1958, o circuíto de Boavista levaba aos pilotos a incribles velocidades por entre pequenas casas, e por sobre rúas empedradas.
A carreira de 1960 foi moi desgastadora, pois só catro autos finalizaron dentro das 5 voltas do gañador Jack Brabham. Accidentes e problemas mecánicos terminaron cedo o día para pilotos como Moss, John Surtees, Phil Hill, Graham Hill, entre outros.
[editar] Todos os gañadores de Fórmula 1,no circuíto de Boavista
Ano | Piloto | Auto | Duración | Lonxitude | Voltas | Velocidade media | Data | GP de |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1958 | Stirling Moss | Vanwall | 2:11:27.80 h | 50 | 24. Agosto | Portugal | ||
1960 | Jack Brabham | Cooper-Climax | 2:19:00.03 h | 55 | 14. Agosto |
[editar] Anos recentes
O circuíto foi revivido en 2005, mantendo case o mesmo trazado con só axustes menores e uns cantos km que se lle engadiron. Actualmente cada dous anos córrese o Gran Premio Histórico do Porto, con autos de época dos anos 1930 e 1940, ademais de mostras de automóbiles novos e exhibicións. En 2007, o circuíto albergou unha carreira do World Touring Car Championship (WTCC).