Cianuro de sodio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O cianuro de sodio ou cianuro sódico (NaCN) é a sal sódica do ácido cianhídrico (HCN). Trátase dun composto sólido e incoloro que hidroliza fácilmente en presenza de auga e óxido de carbono (IV) para dar carbonato de sodio e ácido cianhídrico:
2 NaCN + H2O + CO2 -> Na2CO3 + 2 HCN
En auga disólvese cun pH básico.
Índice |
[editar] Datos fiscoquímicos
- Fórmula: NaCN
- Masa molecular: 49,01 g/mol
- Punto de fusión: 563,7 ºC
- Punto de ebulición: 1.496 ºC
- Densidade: 1,60 g/ml
- Nº CAS: 143-33-9
[editar] Aplicación
O cianuro de sodio emprégase sobre todo en minaría para extraer o ouro e a prata da rocha nai.
[editar] Analítica
- Co nitrato de plata fórmase un precipitado de cianuro de prata que se redisolve en presenza de exceso de cianuro.
- Coun defecto de sulfato ferroso (FeSO4) fórmase tras acidular (COIDADO - LIBERACIÓN DE CIANHÍDRICO ALTAMENTE TÓXICO) un precipitado de azul de Prusia.
- Con ions de cobre fórmase un precipitado de cianuro de cobre(I) e libérase dician (NC-CN)(CUIDADO - TÓXICO)
- O ion sodio pola cor característica en chama.
[editar] Eliminación
O cianuro de sodio é posíbel eliminalo con sulfato de ferro formando hexacianoferratos ([Fe(CN)6]3- ou [Fe(CN)6]4-)