Ciano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O ciano ou cyan é unha das cores primarias chamados sustractivas xunto co amarelo e o maxenta. A súa tonalidade é azul clara e o seu nome vén do grego ciano.
No campo das artes gráficas forma parte do sistema de catricromía, ou proceso composto por ciano, maxenta, amarelo (yellow) e negro ou key. O sistema é coñecido polas iniciais en inglés CMYK. Nos comezos deste sistema de impresión a toda cor, os operadores de prensas utilizaron a cor negra de catricromía como plantilla para rexistrar ou facer coincidir as cores restantes e lograr o efecto multicolor que xorde de mesturar as catro en diferentes proporcións, por exemplo: ó mesturar un 100% de ciano cun 100% de maxenta obtense un azul parecido ó índigo, pero ó reducir a porcentaxe dun, outro ou ambos, resultarán distintos tons de violeta e azul.
O azul de ciano ou cyan, tamén é coñecido na paleta da pintura ó óleo como azul cerúleo, pero non foi ata mediados do século XX co desarrollo da Halftone color synthesis que o azul ciano tivo un papel preponderante na industria gráfica e editorial.
En Artes Plásticas, á cor ciano chámaselle tamén "Turquesa" e nalgúns casos "Auga-mariña". facendo alusión á cor azul-verdosa.