See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Christopher Tolkien - Wikipedia

Christopher Tolkien

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Christopher John Reuel Tolkien (Leeds, Inglaterra, 21 de novembro de 1924) é mellor coñecido como o fillo do escritor John Ronald Reuel Tolkien (era o segundo fillo máis vello), e como o editor da maior parte do traballo do seu pai, publicado de maneira póstuma.

Tolkien pai escribiu moitísimo material vinculado á mitoloxía da Terra Media, que non foi publicado mentres vivía; aínda que orixinalmente a súa intención era publicar O Silmarillion xunto con O Señor dos Aneis, e xa había partes moi desenvolvedas, morreu en 1973 deixando o proxecto inconcluso.

Christopher foi sempre parte da audiencia crítica da fición do seu pai, primeiro como neno, escoitando as historias de Bilbo Bolsón, e logo como un adolescente e novo adulto, retroalimentando ao seu pai en O Señor dos Aneis durante os últimos anos da súa xestación, e incluso participando nos debates literarios dos Inklings. O propio Christopher asignouse a tarefa de interpretar os, a miúdo, confusos mapas da Terra Media, co fin de xerar as versións mostradas nos libros. Christopher redebuxou o mapa principal a finais dos 70, para aclarar as letras e corrixir algúns erros e omisións.

Posteriormente, o fillo seguiu os pasos do pai, converténdose en lector e titor de Lingua Inglesa na Universidade de Oxford.

Tras a morte do seu pai, Christopher púxose a organizar todas as notas do seu pai, algunhas das cales estaban escritas en vellos recortes de papel. Moito do material estaba escrito á man, con frecuencia un simple esbozo estaba escrito sobre outro esbozo anterior, e os nomes das personaxes cambiaban continuamente entre o comezo e o fin do mesmo texto. Descifrar isto foi unha ardua tarefa, e talvez só alguén coa proximidade ao autor que posuía Christopher, e tan coñecedor na evolución das historias, podía facer que todo concordara. Aínda así, Christopher admitiu que moitas veces tivo que adiviñar o que o seu pai quixo dicir.

Non obstante, ao traballar con Gui Gavriel Kay, puido publicar O Silmarillion en 1977, seguido dos Unfinished Tales of Númenor and Middle-earth en 1980, e os doce volumes de The History of Middle-earth, entre 1983 e 1996.


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -