Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
Personaxe de Family Guy |
|
Christopher Cross Griffin |
Vive en: |
Quahog, Rhode Island |
Xénero: |
Masculino |
Altura: |
168 cm |
Peso: |
113,40 kg |
Pelo: |
Loiro |
Idade: |
14 |
Ocupación: |
Estudante, repartidor de xornais |
Relixión: |
Católica |
Hobbies: |
Pintar, debuxar |
Primeira aparición: |
"Death Has a Shadow" |
Christopher Cross Griffin (máis coñecido como Chris) é o segundo fillo de Peter e Lois na serie de animación estadounidense Family Guy. É unha reprodución a escala do seu pai, do que herda a pouca intelixencia e a aparencia física, coma o sobrepeso. Destaca na pintura, onde chegou a ser promocionado como pintor en Nova York, onde coñeceu á que foi a súa moza Kate Moss. Chris idolatra ó seu pai e intenta non decepcionalo, pero Peter non lle presta atención. Vive atemorizado por un mono que vive no seu armario.