See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Castros de Punta Neixón - Wikipedia

Castros de Punta Neixón

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Castros de Punta Neixón
[[Imaxe:|center|250px]]

Parroquia:

Cespón

Concello: Boiro

Provincia:

a Coruña

Comunidade Autónoma:

Galicia

Cronoloxía
Datas de ocupación: séc. V a.C.- século V d.C.
Data da descuberta:  ?
Períodos de escavación: década de 1920
década de 1970
2004-2007
Estado actual: En escavación. Visita. Inclúe o Centro de interpretación
Extensión estimada:  ? ha.
Véxase tamén: Castros de Galicia


Os coñecidos como Castros de Punta Neixón son dous poboados contiguos datados a finais da Idade de Bronce. Son o Castro Pequeno e o castro Grande. Atópanse no concello de Boiro, nun cabo que sobresae á ría.

Punta Neixón é un promontorio na parroquia de Cespón no que se ergueron dous castros cuxo período de ocupación abrangue desde finais da Idade do Bronce ata época tardorromana.

O chamado Castro Pequeno ten as testemuñas de ocupación máis antigas, mentres que o Castro Grande foi fundado por volta do século V a.C., posiblemente cando o Castro Pequeno estaba xa abandonado ou en proceso de abandono. Polo de agora, o Castro Pequeno é o que fornece restos arquitectónicos máis importantes, representados por varias casas de pedra de planta circular. O Castro Grande, en troques, posúe unhas monumentais defensas, entre as que destaca un foxo de máis de tres metros de profundidade localizado nas últimas campañas de escavación (2004-2007) e un parapeto de terra que separa os castros do resto do promontorio marítimo.

Os materiais arqueolóxicos localizados nestes xacementos son de grande interese, especialmente polo que se refire aos produtos de importación, que demostran a relevancia dos castros como un lugar de intercambio entre navegantes mediterráneos e povoacións locais. Entre as pezas máis importantes destaca un aryballos (recipiente de vidro) púnico, do século V-IV a.C. descuberto polo arqueólogo Fernando Acuña Castroviejo (USC) nos anos 70 do pasado século. Nas escavacións máis recentes, dirixidas por Xurxo Ayán Vila (CSIC-IEGPS), tense localizado un novo fragmento de aryballos, alén de numerosas cerámicas púnicas (entre as que se poden salientar ánforas Mañá-Pascual A4, Mañá C2b e diversos modelos de xerriñas), cerámica itálica (campaniense), romana e tardorromana (terra sigillata hispánica e focense). O castro continuou tendo un lugar importante nas redes comerciais ata o século V a.C., cando a súa función habitacional xa tiña desaparecido.

No foxo escavado durante as últimas campañas localizouse un vertedoiro con abundante cerámica púnica, castrexa, unha peza de oso decorada, un ungüentario castrexo e unha fíbula de longo travessão. A cerámica castrexa está moi ben conservada é ofrece un conxunto único da Fase II da Cultura castrexa das Rías Baixas (s. IV-II a.C.), formado por xerras e olas tipo Toralla, olas tipo Cíes e pezas singulares tipo Recarea, entre outros.

Os Castros do Neixón teñen sido escavados por Florentino López Cuevillas (na década de 1920), Fernando Acuña Castroviejo (na década de 1970) e Xurxo Ayán Vila (desde 2003).

No lugar instalouse o Centro Arqueolóxico do Barbanza.

Índice

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

  • Ayán Vila, Xurxo M. (coord.) (2005), Os Castros de Neixón, Noia. Editorial Toxosoutos (Serie Keltia). ISBN 84-96259-71-4.

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -