See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Casa da Música - Wikipedia

Casa da Música

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Casa da Música, vista da fachada
Casa da Música, vista da fachada

A Casa da Música é a principal sala de espectáculos de Oporto. Foi proxectada polo arquitecto holandês Rem Koolhaas e construída como parte do proxecto Porto Capital Europea da Cultura en 2001 (Porto 2001). Malia que a súa construción non foi rematada ata o 2005, axiña se convertiu nun icono da cidade.

Índice

[editar] Construción

A Casa da Música foi construída a carón dun dos principais eixos de tráfico do centro da cidade, a Rotonda da Boavista. O lugar onde está actualmente o edificio era usado para recollida e reparación dos tranvías da cidade. Se ben proxecto excedeu os catro anos estimados para a súa construción, e os custos ascenderon a aproximadamente 100 millóns de €, o proceso de construción trouxo novos desafíos á enxeñería coa fin de conseguir a forma insólita do edificio. Os traballos de enxeñería estiveron a cargo das empresas Ove Arup de Londres e Afassociados de Oporto.

Vista interior do auditorio
Vista interior do auditorio

[editar] Críticas dos especialistas

A arquitectura do edificio foi aclamada internacionalmente. Nicolai Ouroussoff, crítico de arquitectura do New York Times, clasificouno como "o proxecto máis atraente que o arquitecto Rem Koolhaas construíu" e como "un edificio cun ardor intelectual combinado coa súaa beleza sensual". Comparouno tamén "co exuberante proxecto" do Museo Guggenheim de Bilbao do arquitecto Frank Gehry en Bilbao. "Mirando simplemente o aspecto orixinal do edificio, verifícase que esta é unha das máis importantes salas de espectáculos construída nos últimos 100 anos", comparándoa coa sala de espectáculos de Walt Disney, en Los Angeles, ou co auditorio da Berlim Philharmonic.

[editar] Inauguración

Casa da Música, na noite da inauguración
Casa da Música, na noite da inauguración

Malia que o primeiro concerto foi o día 14 con Clã e Lou Reed, o espazo foi inaugurado o 15 de abril de 2005 polo Presidente da República Jorge Sampaio. O Primeiro Ministro, políticos, e a sociedade de Oporto estiveron presentes no concerto dado pola Orquestra Nacional do Porto.

[editar] Funcionalidade do Edifício

A Casa da Música posúe dous auditorios principais, se ben outras áreas do edificio poden ser adaptadas para concertos ou espectáculos (oficinas, actividades educacionais, etc.).

  • O auditorio grande ten unha capacidade inicial para 1.238 persoas, mais pode variar dacordo coa ocasión.
  • O auditorio pequeno é flexíble, non sendo publicitado un número fixo de lugares, se ben se pode definir unha media de 300 persoas sentadas e 650 de pé, dependendo do tamaño e da localización do palco, da disposición das cadeiras, da presenza e do tamaño do equipamento de son e de gravación, etc.
  • Na parte superior do edificio existe un terceiro espazo para espectáculos, con capacidade para 250 persoas.

[editar] Bibliografía

[editar] Ligazóns externas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -