See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Carlos Garaikoetxea Urriza - Wikipedia

Carlos Garaikoetxea Urriza

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Carlos Garaikoetxea Urriza
Nome completo: Carlos Garaikoetxea Urriza
Data de nacemento: 2 de xuño de 1938
Lugar de nacemento: Pamplona, País Vasco
Data de falecemento:
Lugar de falecemento: ,
Partido político: Partido Nacionalista Vasco (1975 - 1986), Eusko Alkartasuna
Cargo(s): Presidente do Consello Xeral Vasco (1979 – 1980)
Lehendakari do Goberno Vasco (1980 - 1985)
Presidente de Eusko Alkartasuna (1986 – 1999)
Presidente de Alianza Libre Europea (1990 – 1991)
Presidente do PNV (1977 – 1980)
Profesión: Político e avogado

Carlos Garaikoetxea Urriza (Iruña, 2 de xuño de 1938) é un político e avogado vasco. Foi o segundo Lehendakari do Goberno Vasco, polo Partido Nacionalista Vasco, trala instauración da democracia e o primeiro elexido trala promulgación do Estatuto de Guernica (1980-1985). Foi o fundador e presidente de Eusko Alkartasuna. Reside en Zarautz (Guipúscoa).

[editar] Biografía

Naceu en Pamplona en 1938, no seo dunha familia de emigrantes do campo de condición humilde. Realizou os seus primeiros estudos no colexio iruñarra dos Escolapios. Licenciouse en Dereito e Económicas na Universidade de Deusto, viaxando posteriormente a Londres e a París co fin de ampliar a súa formación. Garaikoetxea non aprendeu éuscaro de neno, debido a que tan só o seu pai sabía falalo, e aprendeuno despois.

Trala súa volta a Euskadi traballou no sector privado, chegando a presidir a Cámara de Comercio e Industria de Navarra (1962-1972). Como representante desta institución, formou parte do Consello Foral de Navarra. Tralo seu paso polo Consello Foral, exerceu a avogacía até 1979, ó tempo en que ocupaba cargos no PNV, no que ingresou en 1975. Entre ese ano e 1980 foi dirixente do PNV en Navarra. En 1979 abandoou a avogacía para dedicarse a tempo completo á labor política. Entre 1977 e 1980 presidiu o máximo órgano do partido, o Euskadi Buru Batzar.

Nas eleccións municipais e forais de 1979 Garaikoetxea resultou elexido membro do Parlamento Foral de Navarra. En xuño dese mesmo ano foi nomeado presidente do Consello Xeral Vasco, sustituíndo a Ramón Rubial. Trala aprobación do Estatuto de Guernica, foi elixido Lehendakari do Goberno Vasco en 1980, sendo reelixido en 1984 con 32 escanos. Un ano despois, foi sustituido por José Antonio Ardanza por discrepancias coa dirección do seu partido.

[editar] Lehendakari do Goberno Vasco (1980-1985)

O seu mandato caracterizouse pola construción do goberno e institucións autonómicas vascas. Así, tivo que despregar o estatuto. Entre as competencias asumidas atopábanse a orde pública, coa conseguinte creación dun corpo de policía autónoma (a Ertzaintza) en 1982, a creación do Servicio Vasco de Saúde (Osakidetza) en 1981, ou a creación da radiotelevisión vasca, EiTB, cunha primeira emisión o 27 de decembro de 1982. Unha etapa que caracterizouse pola austeridade no gasto gubernamental, ou a consecución do Concerto Económico vasco en 1981.

Durante o seu mandato tamén abriuse a posibilidade de sindicación ós funcionarios do Goberno Vasco, un asunto que foi moi polémico no seu día.

[editar] Creación do EA

En 1986, tras moitas desavenencias coa dirección do PNV en torno á Lei de Territorios Históricos, que debía delimitar as competencias do Goberno Vasco e as das Deputacións Forais dos territorios históricos da CAV, a expulsión de tódala organización navarra ou a expulsión en Vitoria do que chegaría a ser primeiro presidente de EA Manuel Ibarrondo, separouse do PNV para fundar Eusko Alkartasuna o 17 de setembro, partido que presidiu até 1999 e polo que resultou elixido deputado do Parlamento Vasco nas eleccións autonómicas de 1986, de 1990, de 1994 e 1998 (últimas eleccións ás que concorreu como candidato). De 1987 a 1991 foi deputado no Parlamento Europeo. Entre 1990 e 1991 foi o presidente de Alianza Libre Europea.

En novembro de 1999 retirouse da política activa, cedendo o testigo a unha nova xeración de políticos, entre eles ó seu fillo Carlos que seguiu os seus pasos políticos e profesionais sendo na actualidade tamén dirixente de EA e avogado.


Predecesor:
Ramón Rubial
Presidente do Consello Xeral Vasco
19791980
Sucesor:
Derradeiro presidente do Consello Xeral Vasco
Predecesor:
Jesús María de Leizaola
Lehendakari do Goberno Vasco
19801985
Sucesor:
José Antonio Ardanza
Predecesor:
Manuel Ibarrondo
Presidente de Eusko Alkartasuna
19861999
Sucesor:
Begoña Errazti
Predecesor:
Jaak Vandemeulebroucke
Presidente de Alianza Libre Europea
19901991
Sucesor:
Jaak Vandemeulebroucke
Predecesor:
Ignacio Unceta
Presidente do PNV
19771980
Sucesor:
Xabier Arzalluz


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -