See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Capela de Ánimas - Wikipedia

Capela de Ánimas

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Capela de Ánimas, parte superior da Fachada
Capela de Ánimas, parte superior da Fachada

A construción da Capela da Confraría Xeral de Ánimas, na cidade de Santiago, comezou o 8 de abril de 1784, cos planos do arquitecto Miguel Ferro Caaveiro e a direcíon do mestre de obras Juan López Freire. Celebrouse a consagración do novo templo, posto baixo a advocación do Santísimo Cristo da Misericordia, o 31 de agosto de 1788.

[editar] Descrición

A fachada construíuse no cambio de século, cando a confraría puido comprar e demoler unha mazá de casas que impedían o desenvolvemento e visión do frontis. Para a construción do edificio, a Confraría de Ánimas enviou varios proxectos á Academia de Belas Artes de San Fernando, para ser sometidos á censura do arquitecto Ventura Rodríguez. O plano elixido foi o de Ferro Caaveiro.

O templo posúe unha tipoloxía de planta rectangular, con nave única, tres capelas laterais a cada lado e presbiterio con capela maior rectangular, máis estreita que a nave. Para as cubertas empregáronse bóvedas de canón nas capelas laterais e unha grandiosa bóveda de canón con lunetos, sostida sobre arcos fajones, na nave da igrexa.

O presbiterio tamén se cobre con bóveda dá canón, empregando como elemento de engarce coa nave un vistoso arco triunfal cóncavo, moi proprio da arquitectura do clasicismo barroco español de época de Carlos III. Este tipo de arco atópase, en exemplo, na capela do Palacio Real de Madrid.

[editar] Programa iconográfico

En canto ao concepto de altar e á formulación do programa iconográfico desenvolvido no seu conxunto, hai que dicir, que responde á advocación do Santo Cristo da Misericordia, á relixiosidade da confraría e ao cerimonial específico do Via Crucis, celebrado cada domingo pola tarde na Capela Xeral de Ánimas. Ideou este programa o arquitecto académico Melchor de Prado Mariño, co apoio dos confrades máis formados. A súa realización, entre 1803-1814, materializouse nunha serie de emotivos e catequizadores relevos en estuco veneciano policromado, modelados polo seu irmán Manuel de Prado Mariño, escultor de formación académica, tamén compostelán, que demostrou nesta empresa grandes calidades de escenógrafo.

Con esta concepción, ligada á dos Via Crucis ou, máis ben, á escenografía franciscana das capelas dos Sacromontes europeos, rompe cos altares galegos de tradición barroca, presidios por retablos de madeira policromada.

Os relevos das Ánimas desenvolven en relato envangélico da Paixón do Señor, concentrando nun espazo único o itinerario devocional, místico e catequizante do Via Crucis dun Sacromonte. Nas capelas laterais e altar maior do templo despréganse as escenas da Flagelación, o Ecce Homo, o Camiño ao Calvario, o Alzamento na Cruz, a Crucifixión (altar maior), o Descendemento da Cruz, a Lamentación sobre Cristo morto, o Santo Enterro e a Resurrección do Señor.

Outras linguas


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -