See also ebooksgratis.com: no banners, no cookies, totally FREE.

CLASSICISTRANIERI HOME PAGE - YOUTUBE CHANNEL
Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions
Can de Castro Laboreiro - Wikipedia

Can de Castro Laboreiro

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Este artigo non posúe formato wiki axeitado.
Este artigo precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia.

Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes.


Cão de Castro Laboreiro, CCL
Imaxe:Cao de castro laboreiro.jpg
FCI - Standard Nr.170
Lugar de orixe Portugal
clasificación da FCI
  • Grupo 2: Modelo Pinscher e Schnauzer – Molosoide –Cans de Montaña ou boieiros suizos e outras razas
  • Sección 2.2 Molosoide
Nome oficial da FCI Cão de Castro Laboreiro, CCL
Medidas De 56 a 60 cm os machos e de 52 a 57 cm as femias
Peso De 30 a 40 kg os machos e de 20 a 30 kg as femias
Lista de razas de Cans

Ou Cão de Castro Laboreiro, é unha antiga raza de can portuguesa, de constitución robusta e forte estrutura ósea, típico dos cans de montaña. Posúe un excelente comportamento afectivo cos donos e territorial con respeto aos demáis o que o converte nun excelente can gardián.

Índice

[editar] Orixe

A orixe desta emblemática raza canina non está moi clara. Só se sabe que se estableceu e se desenvolveu no illado rincón da freguesía de Castro Laboreiro un val situado a máis de 1000 metros de altitude e rodeado das serras do Laboreiro polo norte e leste, a serra Queguas e os montes do Quinxo polo sur e a Serra da Peneda polo oeste. As condicións climáticas adversas e o illamento do lugar, xunto coas actividades realizadas polo ser humano fixeron deste can o perfeto compañeiro.Os solos pouco fértiles da penichaira só permitían unha agricultura minifundista adversa de dificil mecanización, prácticamente de subsistencia; o principal recurso eran os pastos para o gando. É neste conrexto onde o can cobra importancia xa que, o seu carácter fiel e territorial e a súa complexión forte convertíano nun excelente gardián tanto dos donos como do seu gando de ameazas coma o lobo. Polo tanto a relación entre o can e o home foi o que fixo que este can se mantivera históricamente neste afastado recuncho entre Portugal e Galiza.

Polo que respecta ás súas orixes xenéticas, están bastante difusas a pesar da aportación de información realizada polo proxecto Gencert no estudo do ADN mitocondrial. Este estudo demostrou que nesta raza de can só se observan dúas liñaxes unha que pertence ao 95% da poboación, presente en dous cans da Serra da Estrela; e a outra, tamén comun á Serra da Estrela, foi observada nun can de raza norte-africana Sloughi e en dous Retrieves. Dado a uniformidade da liñaxe materna, sácase en conclusión que esta raza provén dun número reducido de femias, aínda que non se descarta a perda de liñaxe en momentos de reduccións drásticas da poboación.

[editar] Descrición Física

Este can presenta unha complexión áxil cunha cabeza forte e lixeira de aspecto seco, con beizos axustados aos maxilares, ollos oblícuos á superficie das órbitas, de tamaño medio e de mirada simple, son de cor castaño escuro ou claro segundo a cor do pelo.

As orellas son triangulares con punta arredondeada, pouco espesas e con inserción un pouco arriba da media e ben paralelas á cabeza; cando o can está atento bota as orellas cara adiante quedando a parte externa cara atrás. Posúe unha forte mandíbula. Ten unha silueta rectangular, altiva de tamaño medio, o peito é ancho e profundo e ten unha zona lumbar larga e ben musculada.

A cola é grosa e peluda con forma curvada, o seu pelo é groso e resistente, ben repartido e de lonxitude media, as súas tonalidades van dende o negro á cor parda con diversas tonalidades acastañadas máis claras que se mesturan con outras máis escuras, parecida á do lobo.

Ten unha peculiar forma de ladrar comezando con tons profundos, que suben a tons máis graves que se tornan en agudos prolongados se percibe algun sinal de alarma.

[editar] Comportamento

É un can rústico e dinámico que precisa de espazo para correr e exercitarse ademáis de para facer rondas polo seu territorio de forma instintiva, vixilando sobre a presenza de extraños. É un gran can pastor que se emprega a fondo para coidar e guiar ao gando. Cos donos é agarimoso e rebuldeiro e confíalles unha gran fidelidade, ademáis é paciente e coidadoso cos nenos, ofrecendo sempre un amplo sentido de protección con eles, cos donos e coas persoas máis achegadas ao entorno familiar. Cos estraños é en cambio desconfiado por natureza, aínda que non é moi perigoso, se se sente intimidado ou desafiado pode volverse fero e implacable . O dono debe exercer unha figura autoritaria e respetuosa, orientando ao can para que non sexa violento, aspecto que debido á súa intelixencia acatará comprometendose fielmente con el.

[editar] Poboación

Desgraciadamente debido ao seu illamento este can atópase en perigo de extinción, os datos de poboación entre os anos 1997 e 2003 reflicen unha poboación inestable que varía dende os 172 do 2001 aos só 96 do 2003. Os principais factores que afectan ás poboacións destes can son:

  • O regreso dos fillos de portugueses emigrados con novas razas de cans.
  • A mellora de accesos e o turismo trouxeron consigo un maior tránsito de otros cans.
  • A caza produciu un aumento da presenza de caza coma o podengo.
  • O envelenamento dos montes por parte de gandeiros para eliminar ao lobo tamen afectou colateralmente aos cans.
  • O declive da agricultura e o abandono das actividades gandeiras nas que participaba o can.
  • Aparición de exemplares con desvíos morfolóxicos da raza, principalmente vindos de liñaxes de exposición de criadores da Zona de Lisboa.
  • A pesar de que é un can apto e foi moi empregado polas forzas militares coma os fusileiros ou a policía aérea, actualmente escóllense razas estranxeiras coma o pastor alemán ou o doberman, razas importadas a uns prezos elevados, debido a súa popularidade.

[editar] Enlaces


aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -