Campo, Huesca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Campo é un concello da provincia de Huesca, situado na comarca da Ribagorza, no extremo nordeste de Aragón. A súa poboación era de 295 habitantes en 2005, en una superfizie de 23,03 km² y una densidat de 12,81 ab/km².
Índice |
[editar] Xeografía
Está sito na ribeira do río Ésera, na Ribagorza media, nunha depresión ou "hoya" que a erosión formou nos afloramentos do cretácico e que se prolonga polos vales de Lierp e Bardaxí, non lonxe do macizo do monte Turbón. Na depresión de Campo quíxose facer un encoro que á fin non se levou a cabo, pero ameaza de facelo tivo consecuenzias negativas na economía local.
O concello ocupa unha área de 23,03 km2.
[editar] Personalidades nativas de Campo
- Gaspar Torrente (1888-1970), pai do aragonesismo.
- Bienvenido Mascaray Sin, escritor en aragonés e castelán.
[editar] Fala
Fálase unha variedade local do aragonés ribagorzano, denominado campés. Empregábase moito deica os anos 80, pero agora case non se sente nas rúas. Hai tamén falares de transición catalano-aragoneses chamados falares do Isábena.
[editar] Ver tamén
- Lingua aragonesa
- Campés