Cabral, Vigo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santa Mariña de Cabral é unha parroquia do concello de Vigo.
- Limita coas parroquias de Bembrive, Candeán e Lavadores e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores.
- Ten 23 entidades de poboación, 22 lugares e 6.789 veciños (2003)
- As súas entidades de poboación son as seguintes: Alza (376), Ameal (111), Becerreira (719), Besada (61), O Caeiro (587), O Carballal (416), O Casal (86), Cernades (233), A Feira (358), As Figueiras (66), As Fontiñas (825), O Gorxal (272), A Igrexa (185), Maceiriña (177), Molais (89), Nogueira (356), Parada (163), Peinador (65), A Penís (1.062), Requeixo (140), A Retorta (49), Rinxela (61) e O Sello (332).
- Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): Amaro, Borralliños, O Calvario, A Chan, Coto Grande, Gondarisco, Grileira, A Lameira, A Lomba, O Loureiro, A Mancoña, O Meixoeiro, As Patas, A Pebidal, A Ponte, As Rans, Remesil, O Riomao, San Pedro, Sanín, O Tanque e As Valadas.
Posúe preto de cen hórreos inventariados, a maioría con máis dun século de antigüidade, ademais de numerosos lavadoiros e petos de ánimas. A igrexa parroquial foi construída a mediados do século XVIII. Na parroquia atópase o aeroporto de Peinador, o recinto feiral de Coutogrande e diversas instalacións industriais, como a fábrica do Grupo de Empresas Álvarez (un dos motores do desenvolvemento económico de Vigo). Destaca tamén o parque forestal da Becerreira.
Lugares da parroquia de Cabral no concello de Vigo na Provincia de Pontevedra | |
---|---|
Alza | Ameal | Becerreira | Besada | Caeiro, O | Carballal, O | Casal, O | Cernades | Feira, A | Figueiras, As | Fontiñas, As | Gorxal, O | Igrexa, A | Maceiriña | Molais | Nogueira | Parada | Peinador | Penís, A | Requeixo | Retorta, A | Rinxela | Sello, O |