C-3PO
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
C-3PO Relacións Interhumanas ou tamén C-3PO Relacións Cibernético-humanas, ou comúnmente nomeado como C-3PO (pronunciado: SITRIPIO) é un personaxe ficticio do universo de A Guerra das Galaxias. Aparece nos seis episodios da saga. O actor que o interpreta é Anthony Daniels.
Trátase dun droide de protocolo, é dicir, un droide deseñado específicamente para interactuar con seres pensantes. Pode falar e entender mais de seis millóns de formas de comunicación. Construido por Anakin Skywalker, e compañeiro do droide astromecánico R2-D2. [1]
A súa principal función como droide de protocolo é axudar a explicar os costumes doutras culturas, a traducción, etc. É moi leal aos seus amos, dende a súa creación, serviu a mais de corenta.
Nun principio foi chamado 3PO pero tras ser completado (entre os episodios I e II) déuselle o nome de C-3PO.
Ao final do Episodio III bórranselle os seus bancos de memoria para non revelar a ubicación de Luke Skywalker e Leia Organa, é por iso que non o recoñece en Una nova esperanza, nin tampouco ao seu creador Anakin dicindo que o capitán Raymus Antilles da nave Tantive IV fora o seu último dono.
En 2004, C-3PO foi introducido dentro do salón da fama dos robots.