Buggles
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Buggles | |
---|---|
{{{caption}}} |
|
Información | |
Orixe | |
País | Reino Unido |
Período | 1977-1981 |
Xénero(s) | New Wave |
Selo(s) discográfico(s) | Island Records |
Membros | Geoff Downes Trevor Horn Bruce Woolley |
Antigos membros | |
Web oficial |
Buggles foi unha banda de música pop/rock formada en 1977 por Geoff Downes (percusións, teclados) Trevor Horn (baixo, guitarra, percusións, voces) e Bruce Woolley. Antes do seu primeiro disco Wooley deixou a banda para formar Camera Club xunto con Thomas Dolby e Hans Zimmer.
Índice |
[editar] Biografía
Buggles saltaron á fama co seu primeiro sinxelo publicado a finais de 1979: Video Killed the Radio Star, que chegou a estar no primeiro posto nas listas do Reino Unido. O valor novedoso da canción conduciunos a ser percibidos como unha banda dun só éxito: Co sinxelo The Plastic Age acadaron o número 16, pero o éxito foi suficiente para lanzar a ambos membros a carreiras exitosas. O videoclip da canción, dirixido por Russell Mulcahy, foi o primeiro emitido pola cadena MTV, o 1 de agosto de 1981. Esta canción tamén existe como unha gravación de Camera Club. A canción aparece no primeiro álbum do grupo, The Age of Plastic (1980)
Despois Horn e Downes comezaron a traballar nun segundo proxecto, co grupo Yes, que perderan ó vocalista Jon Anderson e ó tecladista Rick Wakeman.
Coa ruptura de Yes a principios de 1981, o traballo continuou co segundo álbum de Buggles, pero Downes axiña deixou ó grupo (uníndose á banda Asia co seu compañeiro Steve Hove). Horn continuou traballando no segundo álbum, Adventures in Modern Recording, con novos músicos. Este álbum incluíu a canción I am a Camera, unha versión alternativa de Into the Lens do disco de Yes Drama.
O son da banda estivo caracterizado por unha calidade sintética coa tecnoloxía como principal tema das súas cancións. Horn declarou que escolleu o nome "Buggles" para a súa banda porque "foi o nome máis asqueroso no que pensei naquel tempo".
Buggles nunca saíron de xira, sendo unha creación de estudio. Fixeron algunha actuación co propósito de promocionar o segundo álbum.
[editar] Discografía
[editar] Albums
- The Age of Plastic (1980)
- Adventures In Modern Recording (1982)
[editar] Sinxelos
- Video Killed the Radio Star (1979) #1
- The Age Of Plastic (1980) #16
- Clean Clean (1980) #38
- Elstree (1980) #55
- Adventures In Modern Recording (1981)