Bernardino Baldi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Bernardino Baldi (Urbino, 1533 — 1617) foi un escritor e matemático italiano.
Naceu no seo dunha familia nobre, estudou en Padua pero utivo que voltar á súa cidade pola aparición dunha praga en Padua, alí convértese no titor de Ferrante Gonzaga, de quen recibiu a administración da rica abadía de Guastalla, en 1612 estivo de embaixador en Venecia.
Escribiu centos de libros sobre teoloxía, matemáticas, xeografía, historia. A maioría permanecen sen publicar. A Cronica dei Matematici publicouse en Urbino en 1707, forma parte dunha obra máis amplia e contén as biografías de máis de 200 matemáticos.