Beretta 92F
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Beretta 92F é unha pistola semiautomática que emprega o calibre 9 mm Parabellum deseñada e fabricada pola empresa italiana Beretta entre 1983 e 1987 aínda que o deseño data de 1976. Outros tipos como o Beretta 92FS/FS Inox, Beretta 92G e Beretta 96/Inox aínda están en fabricación e son usados polas forzas armadas e policiais en Italia, Francia e os Estados Unidos.