Benigno Andrade García
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Benigno Andrade García naceu o 22 de outubro do 1908 no lugar As Foucellas no concello de Mesía e foi agarrotado o 7 de agosto de 1952, na Prisión Provincial da Coruña. Militante da CNT e guerillero anti-franquista o seu alcume foi O Foucellas. Benigno Andrade é un dos nomes míticos do antifranquismo armado na Galicia[1].
Índice |
[editar] Biografía
Nacido no lugar das Foucellas, do que tomou o alcume, na parroquia de Cabrui, Mesía. Estudou na escola primaria da localidade e desde moi novo traballou nos labores do campo, de xornaleiro, e tamén traballou nunha leitería[2]. Máis tarde trasladouse a León para traballar nas minas de carbón de Fabero, Ponferrada.
Casado con María Pérez, tivo dous fillos, Josefa e Sergio. A súa muller traballaba na casa do médico da localidade, Manuel Calvelo, quen xunto coa súa muller Isabel Ríos Lazcano, dirixían a célula comunista de Curtis, chamada Sociedade Republicana Radio Comunista en Curtis, coa que simpatizaba Foucellas.
Posteriormente afiliado á CNT, ao estalar a Guerra Civil enrolouse nunha columna que se dirixía á Coruña, para atoparse coa cidade xa tomada polos grupos golpistas, polo que retornou a Curtis. Interveu nunha requisa de armas en Fisteos e noutra de dinamita na estación de tren de Teixeiro e, temendo represalias dos sectores fascistas, botouse ao monte. Durante a guerra estivo enfermo de difteria e pasouna convalecente e escondido en diversos lugares do concello. Durante ese tempo foi chamado a filas e declarado prófugo.
Xa recuperado e aínda non buscado activamente pola Garda Civil, púxose á fronte, sobre o ano 1941, dunha partida guerrilleira que actuaba sobre todo na zona de Sobrado dos Monxes e Arzúa, formada principalmente por prisioneiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo disciplinario que existían naquela época en Galicia. Coa súa propia arma, é ferido en 1945. Os amigos lévano ao sanatorio de San Nicolás, na Coruña, onde é operado e resgardado. É por esta altura cando se conta que ía a Riazor ver o Deportivo vestido de padre para evitar sospeitas. Benigno Andrade participa do Exército Guerrilleiro de Galicia. En 1947 parte para Pontevedra, onde é o principal combatente da V Agrupación.
[editar] Referencias
- ↑ Botarse ao monte, Francisco Xavier Redondo Abal, Edicios do Castro, serie : Documentos. ISBN 84-8485-231-8 /
- ↑ http://www.vieiros.com/nova/24049/o-foucellas-guerrilleiro-e-mito-popular
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Eduard Pons Prades. Guerrillas españolas (1936-1960). Planeta, Barcelona, 1977. ISBN 84-320-5634-0
- Francisco Xavier Redondo Abal Botarse ao monte,Censo de guerilleros antifranquistas en Galiza (1939-1965) , Edicios do Castro, serie : Documentos. ISBN 84-8485-231-8 /
- V. Luís Lamela García (1993), Foucellas - El riguroso relato de una lucha antifranquista (1936-1952). A Coruña: Edicios do Castro ISBN 84-7492-608-4
- Manuel Astray Rivas (1992), Síndrome del 36 - La IV Agrupación del Ejército Guerrillero de Galicia. A Coruña: Edicios do Castro ISBN 84-7492-584-3
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Vida y Muerte del guerrilleiro "Foucellas" nos Paisajes de la gurerilla*Paxina de Curtis sobre Benigno Andrade Foucellas.
- A memoria do Foucellas e da Guerrilla anti-fascista, en Vieiros
- Artigo de Vieros do Domingo, 16 de setembro de 2007
- Outra paxina da historia de Curtis
- *Otra biografiaBenigno Andrade