Belmopán
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Mapa | |
---|---|
Información | |
País | Belice |
Distrito | Distrito de Cayo |
Superficie | km2 |
Poboación | 14.590 (2006) |
Densidade | h/km² |
Alcalde | Simeón López |
Belmopán (oficialmente en inglés Belmopan), é a capital do país centroaericano de Belice. Cunha poboaación estimada de 14.590 habitantes en 2006, é unha das capitais de estado máis pequenas do mundo.
Índice |
[editar] Nome
O nome da cidade é un acrónimo dos ríos Belice e o seu afluente o Mopán, que practicamente se unen ao pé da capital.
[editar] Xeografía
Belmopán construíuse nun planalto próximo ao val do río Belice, a unha altitude de só 76 metros (17°15′ N e 88°46′ O), a 82 km cara o interior da antiga capital, Belize City, sita na costa caribeña.
[editar] Historia
Belmopán foi edificada logo de que Belize City fose destruída de feito por un Ciclón tropical en 1961. A súa ubicación foi escollida no ano 1962, tendo en conta que estivese ao abrigo de furacáns e que as temperaturas eran máis suaves que no litoral. O gobrno foi deslocado para Belmopán en 1970, mais, nos primeiros tempos, a poboación de Belize City no o seguíu, pois a creación da nova cidade ex nihilo pareceu utópica. Felizmente, numerosos países decidiron colacar a súa embaixada en Belmopán, o que animou un tanto a vida da pequena cidade[1].
[editar] Economía
Hoxe en día, hai instaladas en Belmopán arredor de 200 empresas, feito facilitado pola creación dunha zona industrial de máis de 80 ha, a fin de atraer poboación.
[editar] Sitios a ver
Tendo en conta o pequeno tamaño e a pouca idade de Belmopán, a cidade non posúe un verdadeiro patrimonio arquitectónico e cultural. Pódese salientar o edificio da Asemblea Nacional inspirado en templos maias. Tecioase atraer o turismo creando vastos espazos verdes.
[editar] Referencias
- ↑ Guide Lonely Planet Guatemala et Belize, 1998