Bathurst
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A illa de Bathurst é unha illa canadense que forma parte das Illas da Raíña Isabel no territorio de Nunavut. Ocupa unha superficie estimada de 16.042 km².
Foi descuberta por Sir William Edward Parry no ano 1819 e debe o seu nome ao Conde Henry Bathurst, Secretario de Estado británico para a guerra e as colonias (1812-1827). A illa foi poboada pola tribo Thule cara ao ano 1000, probablemente debido a que nesa época houbo un clima máis cálido (nesa época chegan os viquingos a Vinland).
A altura máxima da illa é de 330 metros. As boas condicións do chan producen bastante vexetación e manteñen unha fauna maior que outras illas árticas. Na illa atópanse a área Nacional do Paso do Oso Polar e o futuro Parque Nacional de Tuktusiuqvialuk.