Batalla de Valmaseda
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A batalla de Valmaseda tivo lugar o 5 de novembro de 1808, na localidade homófona, durante a retirada de Cantabrie do Exército da Galiza, comandado polo tenente xeneral Blake, contra forzas francesas, superiores en número, que conducía o xeneral Victor. Blake logrou unha pequena vitoria.
Índice |
[editar] Antecedentes
Logo de recibir o reforzo das tropas veteranas da "División do Norte", recén chegadas de Dinamarca, que estaban ao mando do marqués de la Romana, Blake decidíu facer fronte ao exército napoleónico que o perseguía.
A derrota francesa foi a consecuencia da desgraciada iniciativa do marechal Lefebvre na anterior batalla de Durango, que permitira que Blake escapase con o seu exército practicamente intacto. Outros erros derivaron da maneira de efectuar a persecución, nomeadamente cando Victor cometeu a lixeireza de deixar que as súas tropas se desperdigasen na busca dun inimigo que considerou que xa estaba batido. Isto permitíu a Blake atraer os franceses cara unha trapa.
[editar] Desenvolvemento da batalla
O 5 de novembro a división do xeneral Vilatte, que operaba por diante do resto das formacións galas, caíu nunha emboscada.
Aínda que os seus xefes cometesen bos erros, os soldados franceses, tallados nunha disciplina de ferro, non fallaron. Vilatte, refusando renderse, dispuxo as súas tropas en cadros e conseguíu escapar do cerco no que caíra. Con todo os españois fixeron aínda 300 prisoeiros e máis se apoderaron dunha peza de artillaría.
[editar] Balance
Trascado ao saber o que a súa Grande Armée sufrira, o que en realidade non era máis que unha derrota menor ante un exército de bandidos dirixido por frades, Napoleón reprendeu severamente a Victor pola súa imprudencia. Porén Victor vingouse seis días máis tarde cando derrotou a Blake en Espinosa de los Monteros.
[editar] Véxase tamén
[editar] Recoñecementos
Este artigo é unha versión do correspondente da versión en francés da Wikipedia.