Batalla de San Mamede
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Batalla de San Mamede foi trabada no 24 de xuño de 1128, entre o infante Afonso Henriques e as tropas de súa mai, Dona Teresa e do conde galego Fernando Pérez de Traba, que tentaban controlar o goberno do Condado Portucalense. As dúas faccións confrontáranse no campo de San Mamede, máis exactamente no hoxe dito Campo do Torneio, perto de Guimarães; aquel nome de Campo de Torneio parece descubrir que a batalla non foi tal, senón máis ben un torneo, que dirimíu a querela.
Con a derrota, Dona Teresa e Fernando Perez abandonaran o goberno condal, que ficaría agora nas mans do infante e os seus partidarios, desagradando ao bispo de Santiago de Compostela, Diego Xelmírez, que cobizaba o dominio das terras do Sur do Miño. D. Teresa desistía así das ambicións de ser señora de toda a Galiza, transminiana e cisminiana. Existen rumores non confirmados que ela fora aprisionada no Castelo de Lanhoso. Hai ata quen relate as maldicións que Dona Teresa lanzou ao seu fillo Henrique.