Batalla de Mons-en-Pévèle
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Coa fin de restablecer a autoridade real despois da batalla de Courtrai en 1302, Filipe IV de Francia o Fermoso decide unha nova campaña no verán de 1304.
Evitando o combate, xa que era inferior en forza - durante a batalla os 3.000 cabaleiros enfrontáronse a 12.000-15.000 flamengos -, o exército real é repregado o 17 de agosto, preto da vila de Mons-en-Pévèle.
Despois dos enfrontamentos de arqueiros, besteiros e infantería, a cabalería francesa ataca pola esquerda, cortando o acceso ós flamengos a un curso de auga, e pola dereita, o dos duques de Bretaña e de Borgoña.
No centro, é lanzada unha carga para obrigar os arqueiros flamengos a loitar corpo a corpo. Na retirada da cabalería, as catapultas francesas entraron en acción.
Os homes de Ypres conseguen neutralizar as catapultas.
Os franceses deciden entón atacar o resto dos flamengos.
Daquela fíxose unha pausa na batalla, ningún bando levaba vantaxe, e comezan unhas longas negociacións.
De súpeto, pouco antes do crepúsculo, Robert de Nevers e Guillaume de Jülich lanzan un ataque contra o campo francés. Filipe o Fermoso está agora ameazado, cando o condestable e os mariscais, reunindo as súas tropas, contraatacan, e masacran os homes de Guillaume de Jülich. As outras forzas flamengas válense da noite para se retiraren, dando a vitoria ós franceses.