Batalla de Guadalete
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Batalla determinante na historia de España que se celebrou no ano 711, preto do río Guadalete, na provincia de Cádiz, que rematou co reino visigodo e deu comezo á invasión musulmán da Península Ibérica. Nela enfrontouse o exército visigodo, comandado polo derradeiro rei, Don Rodrigo, a un exército musulmán procedente do Norte de África e que entrou na Península grazas ós partidarios de Witiza, o anterior rei, que preferían que accedese o trono o fillo deste, Akhila.
O rei Don Rodrigo foi morto, rematou o reino visigodo, e comezou a invasión árabe da Península Ibérica. Anos despois, no 722, a Batalla de Covadonga daría comezo á Reconquista.