Barco viquingo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Barco viquingo é o nome colectivo que reciben os diferentes tipos de navíos utilizados polos viquingos, divídense en clases baseadas no seu tamaño e función: drakkar, knarr, karve e faering.
Os primeiros barcos viquingos carecían de velame, contra fins do século VI e comezos do VII comezan a aparecer as primeiras velas e a partir do século VIII os navíos contan cun velame máis completo, converténdose en típico o navío cunha gran vela cadrada ou trapezoidal sobre un pao situado á proa do medio da nave, nunha carlinga sobre a quilla, esta vela era a que rexía o rumbo da nave, servindo o temón tan só para facer lixeiras correccións. Aínda así os viquingos seguiron a utilizar embarcacións sen velame.
A construción dos barcos realizábase as máis das veces ao aire libre ou ben nun alboio ao pé da beiramar, utilizando diferentes tipos de mardeira para as diferentes partes, de carballo para a quilla, de abeto para a berlinga e as partes máis avanzadas da popa e da propa e de faia para o resto.
[editar] Drakkar
As drakkar eran embarcacións longas, rápidas, lixeiras e seguras, con remos en case toda a lonxitude do casco e con velame. Usábanse tanto como para viaxes de rapina como para comercio de longa distancia, foron a clave para o poder naval viquingo e posibilitaron a colonización nórdica das Orcadas, Shetland, Feroe, Islandia e Grenlandia xa que non navegaban bordeando a costa como ata entón era o habitual.
[editar] Knarr
Os knarr eran navíos de transporte de 16 metros de longo, 4.5 de largo e con capacidade para transporter 15 toneladas
[editar] Karve e faering
Os karve e faering eran pequenas embarcacións.