Bandeira das Illas Feroe
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
|
A bandeira das Illas Feroe, tamén coñecida como Merkið que significa "a bandeira", consiste dunha cruz nórdica de cor vermella perfilada en azul sobre un pano de cor branco.
As proporcións da cruz nórdica da bandeira son de 6-1-2-1-6 partes no ancho da bandeira e de 6-1-2-1-12 partes ao longo da bandeira.
[editar] Historia
A Merkið foi deseñada por uns estudantes feroeses en Copenhague e máis tarde levada ás illas Feroe, onde foi izada o 22 de xuño de 1919. Tras unha década, o seu uso popularizouse, pero seguiu a ser extraoficial.
En abril de 1940, as tropas alemás do Terceiro Reich invadiron Dinamarca, e o exército británico tomou o control das illas. Para distinguir aos barcos feroeses dos barcos da Dinamarca ocupada, o 25 de abril de 1940, as autoridades británicas aprobaron a bandeira como enseña das Illas Feroe.
Co acceso das illas ao autogoberno, o 23 de marzo de 1948, recoñécese oficialmente á Merkið como a bandeira nacional das Illas Feroe, e se declara ao 25 de abril como Día da Bandeira.
[editar] Simbolismo
A cor branca predominante na bandeira representa á pureza do ceo e á escuma das olas ao bater contra as costas das illas. As cores vermello e azul atopámolos nos traxes tradicionais dos feroeses, así como tamén nas bandeiras de Noruega e Islandia.