Baldomero Cores Trasmonte
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Baldomero Cores Trasmonte é un xornalista, sociólogo e escritor galego.
Natural do concello de Cee, trasladouse a Santiago de Compostela aos dez anos de idade, alí realizou estudos de dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e en Madrid estudou políticas na Universidade Central, foi profesor de socioloxía na Facultade de Ciencias Políticas da Complutense e catedrático de socioloxía na Universidade de Porto Rico (1968-1983). Colaborou en numerosos medios xornais como La Noche, La Voz de Galicia, Faro de Vigo, El Pueblo Gallego e El Correo Gallego.
[editar] Obras
- Sociología rural de Galicia, 1973
- Sociología política de Galicia, 1976
- Estatuto de Galicia: actas y documentos, 1976
- La devolución de Galicia: el Estatuto de ayer y hoy, 1977
- O libro negro da Galicia electoral, 1978
- La sociedad incompleta: el drama de la capitalidad en Galicia, 1981
- Ramón Suárez Picallo: socialismo, galleguismo y acción de masas en Galicia, 1983
- Los Símbolos gallegos, 1986
- Dereito autonómico de Galicia, 1987
- Ciencia e galeguidade na II República, 1989
- Teoría política e comunicación social, 1993
- A constitución da galeguidade, 1995
- Ramón de la Sagra, 1998
- Os senadores da Universidade de Santiago, 1998
- Santiago de Compostela, a gran panorámica, 2000
- Ramón de la Sagra e Galicia, 2003
- Unha viaxe pola rúa do Vilar, 2003
- Enrique Rajoy Leloup: un protagonista do autonomismo galego, 2005
- Luís Porteiro Garea, 2005